Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 21 de outubro de 1996 Páx. 9.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/68-1 ).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. A Tomé, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e C.T. de 50 kVA en Albarín.

Situación: Santa Comba.

Descripcións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 997 m de lonxitude, en conductor LA-56 que

parte da L.M.T. de C.T. Esmorode ó C.T. Couto e final no C.T. Albarín que se vai construír de 50 kVA tipo aéreo. Concello de Santa Comba.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7262