O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante trinta días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude,
RESOLVO:
Someter á información pública por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución o estudio de impacto ambiental de implantación dunha planta de tratamento de residuos sanitarios, no polígono industrial de Espírito Santo, parcela 168, concello de Sada (A Coruña), e solicitado por Uralita Tratamientos.
Para os efectos informativos poñerase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do estudio para a súa consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
96-7539

