Con data 17 de setembro de 1996 o presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia aprobou definitivamente o anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia. Clave: OH.136.306.
A referida obra aparece recollida no proxecto de directrices do Plan Hidrolóxico das Concas de Galicia-Costa.
Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado anteproxecto.
A competencia para a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 24/1987, do 29 de xaneiro, sobre asunción de competencias en materia de obras hidráulicas.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de outubro de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia. Clave: OH.136.306.
Santiago de Compostela, once de outubro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9607628