Luis Rodríguez Menéndez e a súa esposa Marina Gallego Vega solicitaron a permuta dun predio da súa propiedade por outra da Comunidade Autónoma de Galicia sita en San Xulián de Veiga, termo municipal da Pobra de Brollón (Lugo), que lle pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 3424/1993, do 28 de decembro, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de investigacións agrarias.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 148/1996, do 17 de abril (DOG do 27 de abril) polo que se desafecta a parcela denominada A Mina, que forma parte do predio Granxa Robles, sito en San Xulián de Veiga, termo municipal da Pobra de Brollón (Lugo). Por isto unha vez adquirida a natureza patrimonial e co obxecto de posibilita-lo alleamento do dito predio, cómpre, segundo o artigo 24 da citada Lei 3/1985, do Patrimonio da Comu
nidade Autónoma de Galicia e 60 e seguintes do seu regulamento, proceder a súa declaración de alienabilidade.
En virtude do anterior,
DISPOÑO:
Primeiro.-Declárase a alienabilidade da parcela que se describe a continuación: Parcela A Mina, sita en San Xulián de Veiga, termo municipal da Pobra de Broullón (Lugo), integrada no predio Granxa Robles, cunha extensión superficial dunha hectárea cincuenta e unha áreas e vinte centiáreas, igual a trinta ferrados, sete cuartais e un cuartillo e medio. Linda: ó norte, con predios de Antonio Fernández, camiño de servidume e muro en medio; o muro, coas árbores que ten, mediuse; de Saturnino González Macía e co río Cabe, onde ten a súa ribeira, sendeiro público e muro en medio, que non se mediron; ó sur, co camiño veciñal, muro en medio; ó leste, con predios dos herdeiros de Fernando Ballesteros, Clemente Enríquez e outros; ó oeste, con predio de Clemente Menéndez e de Saturnino González, muro deste predio en medio, que non se mediu, segundo a de Clemente Enríquez.
Segundo.-A parcela atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Quiroga no tomo 193, libro 81, folio 43, predio 6.479, inscrición 3ª.
Terceiro.-A valoración da parcela logo da taxación correspondente, ascende a tres millóns setecentas oitenta mil pesetas (3.780.000 ptas.).
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.
P.D. (O. 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
9607593

