De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 30 de setembro de 1996.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Procedemento sancionador número: 96/0021.
Denunciado: José Borja Otero Rosales.
Último enderezo coñecido: San Roque de Fóra, 15-B-D, A Coruña.
Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.
Tipificación da infracción da Lei 4/1989 CEN:
-Artigo infrinxido: 38.3º.
-Cualificación infracción: leve.
Sanción imposta: 15.000 ptas.
7418

