Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (35/96 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 30 de setembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 4/1989 de CEN

Procedemento

sancionador

números

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos deninciadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

EN 96/0035Mª Carmen Pérez Acosta

36.018.886

r/ Pablo Iglesias, 20-5B

Vilagarcía de Arousa

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P.N. Corrubedo.38.13ºLeve15.000
EN 96/0037Mª Sabrina Otero Romero

52.452.960

r/ Ronda de Nelle, 24

A Coruña

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P.N. de Corrubedo.38.13ºLeve15.000
EN 96/0039Luis Felipe Blasco López

11.369.032

r/ Río Covo-Chalé 6

Cervo (Lugo)

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P.N. de Corrubedo.38.13ºLeve15.000
EN 96/0040Manuel Veiras Suárez

33.280.563

Rúa de Praga, 7-4º A

Pol. Fontiñas

Santiago de Compostela

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P.N. de Corrubedo.38.13ºLeve15.000
EN 96/0045Marina Orge Vázquez

35.939.125

r/ Samuel Eijan, 13-3º B

Ourense

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P.N. de Corrubedo.38.13ºLeve15.000

9607416