Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de setembro de 1996 pola que se outorga permiso de actividade para engorda de salmónidos no peirao de San Diego (porto da Coruña) á empresa Isidro de la Cal-Fresco, S.A.

Visto o expediente iniciado a instancia de José Bretón Fernández, conselleiro delegado da empresa Isidro de la Cal-Fresco, S.A., constituída ante Fernando Alba Puente, notario da Coruña, con número 2594 do seu protocolo, do 3-8-1993, con CIF nº A-15.034.408, no que solicita permiso de actividade para a instalación do seguinte establecemento:

-Establecemento de cultivos mariños: granxa mariña para preengorda de salmónidos.

-Situación: interior da nave situada na parcela de 2.263 m no peirao de San Diego, no porto da Coruña.

-Especies: salmónidos.

-Dimensións da planta: 6 m x 8 m.

-Tamaño da piscina: 5,5 m de diámetro x 1,2 m de altura.

-Volume de cultivo do tanque: 24 m.

-Densidade máxima: 50 kg/m.

-Stock máximo de carga: 1.200 kg.

-Número individuos de partida: 12.000-15.000 de 40/50 gr.

-Tempo de aclimatación ó mar: 30 días.

-Peso dos esguíns para transferir ó mar: 100 gr.

Procedeuse á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

Tendo en conta que con data 25-2-1987, foille outorgada por parte do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (Dirección Xeral de Portos e Costas) a preceptiva concesión administrativa para a ocupación dunha parcela de 2.263 m no peirao de San Diego do Porto da Coruña, por un prazo de quince (15) anos, sen prexuízo de que ó seu vencemento e en función dos intereses portuarios e da empresa solicitante, se outorguen as prórrogas que se consideren necesarias.

De conformidade co disposto na sección cuarta da acuicultura na zona terrestre, artigo 66 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), e tendo en conta os informes que figuran no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

ACORDA:

Acceder ó solicitado, outorgando á empresa Isidro de la Cal-Fresco, S.A. permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña dedicada a preengorda de salmónidos, no peirao de San Diego no Porto da Coruña, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outorgase por un prazo que remata o 25-2-2002.

Para efectos de coordinación interadministrativa, o prazo de vixencia desta autorización, do permiso de actividade e concesión do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-O emprazamento da instalación que constitúe o citado establecemento, deberá axustarase, en todo caso, ó previsto nos planos e proxecto presentados ante esta consellería.

Terceira.-O titular do presente permiso de actividade deberá dar comezo ás obras no prazo de un (1) mes contado desde a notificación da presente orde, debendo quedar totalmente terminadas no prazo de seis (6) meses.

Concluídas as obras, o titular do permiso comunicará tal feito á delegación territorial da consellería para efectos de practica-la correspondente inspección, da que se emitirá o correspondente informe.

Cuarta.-O titular queda obrigado a conservar e mante-las obras que constitúen a instalación en perfecto estado de conservación e utilización.

Quinta.-O titular quedará suxeito ó previsto no capítulo III (inmersións de especies mariñas) artigo 54 e seguintes do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños (DOG nº 13, do 20-1-1994).

Sexta.-O titular do presente permiso non poderá destina-lo establecemento a usos ou actividades distintos dos previstos no mesmo.

Sétima.-Sen prexuízo das causas de caducidade previstas na autorización da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre do 25-2-1987, que será vinculante para esta consellería, o presente permiso de actividade extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Oitava.-Por medio do seu persoal científico e técnico, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá inspeccionar en todo momento o funcionamento deste establecemento e vixia-lo cumprimento das condicións ás que se suxeita a presente autorización.

Novena.-Á expiración do presente permiso, o titular deberá remitir a esta consellería unha memoria explicativa dos resultados obtidos.

Décima.-O titular xustificará o pago á facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola delegación de facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7591