Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro.

A Comisión de Goberno deste consello, na súa sesión celebrada o día 15 de outubro do corrente ano, resolveu convoca-la contratación polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, para a adxudicación dos contratos de asistencia técnica, a continuación relacionados, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas por determinadas entidades locais, durante o exercicio de 1994, que se especifican a continuación:

a) Obxecto do contrato e orzamento de licitación.

Auditoría do Concello de:Importe en

miles de ptas.

Castro Caldelas600
Toén600
O Corgo600
Triacastela600
Frades600
Oroso600
Informe da revisión limitada do Concello de:
Vigo1.500

b) Fianza.

1. Provisional: 2% sobre o orzamento fixado para cada contrato pola Administración.

2. Definitiva sobre o orzamento de licitación.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estarán ó dispor dos interesados para a súa consulta na Secretaría Xeral do Consello de Contas, durante o prazo de presentación de proposicións, das dez ás catorce horas.

) Prazo de presentación das proposicións: comezará o seguinte día ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte. No caso de que o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

f) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro do Consello de Contas, sito na rúa Ramón Piñeiro, nº 29, C.P. 15771, Santiago de Compostela.

g) Documentación que deben presenta-los licitadores: tanto a documentación acreditativa para contratar coa Administración como as referencias técnicas e detalle co que deben presenta-las proposicións figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Apertura de proposicións: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias do Consello de Contas, ás 11 horas do día 11 de novembro de 1996.

i) O importe do presente anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios en proporción ós orzamentos de licitación dos traballos que lles sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

7379