Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.882

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 206, do luns, 21 de outubro de 1996, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 9.274, 2ª columna, no artigo 43 onde di: «p) Regula-lo procedemento de autorización das saídas voluntarias entre clase ou en períodos de lecer do alumnado do centro», débese eliminar na súa totalidade.

-Na páxina 9.277, 1ª columna, no artigo 63 onde di: «1a) Un profesor de cada ciclo, por proposta dos seus integrantes» debe dicir: «Un profesor de cada ciclo, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica». No apartado 3, onde di: «...outras membros...» debe dicir: «...outros membros...».

-Na páxina 9.278, 2ª columna, no artigo 73 onde di: «2. O xefe do equipo de actividades complementarias e extraescolares actuará baixo a dependencia directa do xefe de estudios e en estreita colaboración co equipo directivo», débese eliminar na súa totalidade.

-Na páxina 9.283, 1ª columna, na disposición transitoria primeira liña 9ª, onde di: «...un representante dos alumnos...», debe dicir: «...unha representación dos alumnos...».

7821