Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de setembro de 1996 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta do Concello de Bueu (Pontevedra), do 12 de setembro de 1996, relativa á creación e clasificación dos postos de tesourería e de adxunto á tesourería da devandita corporación.

Por acordo do Pleno do Concello de Bueu do 28 de agosto de 1996, apróbase a relación de postos de traballo do dito concello, na que se inclúe un posto de tesourería e un posto de colaboración de adxunto á tesourería, reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo o antedito acordo e de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería en uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de tesourería e o posto de colaboración de adxunto á tesourería do concello de Bueu, provincia de Pontevedra, conforme se especifica no anexo que se xunta á presente orde.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e administración Pública

ANEXO

Corporación: Concello de Bueu (Pontevedra).

Posto de traballo: tesourería.

Subescala: intervención-tesourería.

Posto de traballo: adxunto á tesourería.

Subescala: secretaría-intervención.

8139