Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo Semat, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Semat, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal o día 17-9-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publciación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo centro de traballo Semat, S.A. Narón

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio establece e regula as condicións de traballo do persoal dos servicios de recollida de lixo e limpeza viaria, dependentes da empresa Semat, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este conveino regulará as condicións de traballo de tódolos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios para a sociedade mencionada no artigo anterior, sendo de obrigatoria e xeral observancia.

Exlúense do ámbito do presente convenio os supostos considerados no artigo 1.3º e 2º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ambito territorial.

Este convenio será de aplicación en todo o termo municipal de Narón onde presten os seus servicios os traballadores e traballadoras da empresa Semat, S.A., sen prexuízo do establecido no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicacio no BOP da Coruña e terá unha duración ata o 31 de decembro de 1997, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1996.

Unha vez terminada a súa vixencia incial ou a de calquera das súas prórrogas, que serán dun ano de duración, continuará rexendo o seu contido normativo ata que sexa substituído por outro convenio.

Arigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presnte convenio deberá facerse por escrito á outra parte e un mínimo dun mes de antelación antes do seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas.

Desta comunicación enviaráselle unha copia para efectos de rexistro ó organismo público correspondente.

A parte que promova a negociación deberá presentar proposta concreta sobre os puntos e contidos para a negociación do seguinte convenio.

As partes reuniranse antes de transcorrido un mes desde a recepción da proposta citada.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible que regulan tódolos aspectos das relacións laborais entre as partes asiantes e será consideradas globalmente para efectos da súa aplicación práctica.

Artigo 7º.-Dereito supletorio.

Tódolos aspectos que neste convenio colectivo non estivesen expresamente fixados, regularanse polo disposto no convenio xeral do sector, Estatuto dos traballadores e demais normas de carácter xeral, vixentes en cada momento.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As retribucións e percepcións comprendidas neste convenio colectivo compensarán e absorberán tódolas existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe destas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, así como convenios colectivos ou contratos individuais, só poderán afecta-las condicións pactadas no presente convenios cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas; no caso contrario, serán compensadas, absorbidas estas últimas, manténdose o presente convenio colectivo nos seus propios termos e na forma e condicións en que queden pactadas.

Artigo 9º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as situacións económicas, personais ou colectivas, que consideradas na súa globalidade, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, xa sexa en virtude de contrato

individual ou de convenio colectivo subscrito conforme a lexislación laboral vixente.

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria que estará composta por un máximo de tres membros, un representante da empresa, un das traballadoras e traballadores e un presidente. Ámbalas partes poderán pola súa vez designar un asesor ou asesora, que poderá asistir ás reunións con voz pero sen voto.

O presidente ou presidenta será designado de mutuo acordo entre as partes, e terá voz pero non voto.

Artigo 11º.-Funcións da comisión paritaria.

a) Interpreta-la aplicación da totalidade do contido do convenio.

b) Vixia-lo cumprimento do pactado.

c) Estudiar e valora-las disposicións xerais promulgadas con posterioridade á súa entrada en vigor que afecten o seu convenio.

d) Cantas outras tendan a maior eficacia do convenio e veñan establecidas no seu texto.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, e logo de acordo de ambas sobre o lugar, día e hora de celebración, que deberá efectuarse no prazo máximo de 15 días desde a solicitude. A reunión comprenderá tantas sesións como sexan necesarias.

Artigo 12º.-Sistema salarial.

Considerarase salario á totalidade das percepcións económicas dos traballadores e traballadoras, en diñeiro ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, tanto retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, como os períodos de descanso computables como de traballo.

Non terán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador ou traballadora en concepto de indemnizacion ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 13º.-Percepcións salariais e non salariais.

a) Salario base: é aquela parte da retribución que se fixa entendendo exclusivamente a unidade de tempo. O seu importe será o que se fixa na táboa salarial anexa para 1996, incrementada para 1997, conforme o pactado neste covnenio.

b) Plus de nocturnidade: establécese un plus de nocturnidade por día efectivo de traballo segundo a táboa salarial anexa para todos aqueles trabalaldores e traballadoras que preseten os seus servicios nos horarios comprendidos entre as 22 horas e as 6 horas.

c) Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade: establécese un plus de perigosidade, penosidade e toxicidade por día efectivo de traballo polo importe establecido na táboa salarial anexa, que será revisado para o ano 1997 conforme o pactado neste convenio.

d) Plus de transporte: establécese un plus de transporte por día efectivo de traballo polo importe establecido na táboa salarial anexa.

e) Plus de actividade e calidade de traballo: establécese un plus de actividade e calidade no traballo que percibirán categorías e polo importe que se determina na táboa salarial anexa, por traballo efectivo realizado.

Tódolos conceptos da táboa veranse incrementados en 1997 conforme o establecido neste convenio.

Artigo 14º.-Gratificaciones extraordinarias.

Establécense tres (3) pagas extraordinarias correspondentes a xuño, Nadal e marzo, que serán aboadas na forma seguinte:

a) Paga extraordinaria de xullo, por unha contía que se indica nas táboas devengarase do 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño.

b) Paga extraordinaria de Nadal, por unha contía que se indica nas táboas devengarase do 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

c) Paga de marzo, que será pola contía que se indica nas táboas e o seu devengo do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, sendo o seu aboamento en marzo do ano seguinte.

As datas de aboamento dos citados pagamentos serán para cada unha delas, os seguintes días:

-Paga de marzo: 15 de marzo.

-Paga de xullo: 15 de xullo.

-Paga de Nadal: 15 de decembro.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, a empresa comprométese a reducir na medida do posible a realización de horas extraordinarias. Para o caso de que exista a necesidade da súa realización o seu prezo será o que se xunta nas táboas.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias estructurais.

Dado o carácter público dos servicios que se prestan nesta actividade, consideraranse horas extraordinarias todas aquelas que se precisen para a finalización dos servicios concretados pola prolongación de tempos que se realicen motivados ben sexa por ausencias imprevistas, ben por procesos puntuais de produccion non habituais e outras situacions estructurais derivadas da natureza do traballo de que se trata, todo iso, ó amparo do disposto na O.M. de 1 de marzo de 1983, sendo a súa execución obrigatoria para o traballador ou traballadora.

Artigo 17º.-Aboamento de salario.

Os salarios aboaraos a empresa entre os días 1 e 5 de cada mes seguinte ó do devengo ou ó seguinte a este último se fora festivo.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

Para os anos de vixencia do presente convenio, a xornada laboral será de 40 horas semanais, tanto en xornada continua como partida. En xornada continua os traballadores desfrutarán de 20 minutos de descanso para o bocadillo, considerándose como tempo efectivo de traballo.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como á finalización da xornada diaria, o traballador ou traballadora se encontre no seu posto de traballo coa indumentaria pertinente e en disposición de realiza-lo seu labor.

Artigo 20º.-Vacacións.

Os traballadores e traballadoras desfrutarán de 30 días naturais de vacacións ó ano se o 31 de decembro no se tivesen desfrutada a totalidade das vacacións haberá que desfrutalas necesariamente no mes de xaneiro do ano seguinte, aumentando estas nun día (1), cando sexa por necesidades da empresa.

A remuneración do traballador ou traballadora que se encontra de vacacións será a que figura na táboa salarial anexa.

Artigo 21º.-Clasificación do persoal.

Esta clasificación de persoal é anunciativa e no presupón ter cubertas tódalas súas prazas.

Mandos intermedios: o grupo de mandos intermedios está composto polas seguintes categorías.

-Capataz: ás ordes do delegado, ou da persoa en quen este delegue, ten ó seu cargo persoal operario do que dirixe, vixia e ordena o seu traballo. Posúe coñecementos completos dos oficios e das actividades dos distritos ou zonas e dotes de mando suficientes para mante-la debida disciplina e que se obteñan os rendementos previstos.

Persoal operario: o grupo de persoal operario está composto polas seguintes categorías.

-Conductor: debe estar en posesión do carné de conducir correspondente, e te-los coñecementos necesarios para executar toda clase de reparacións, que non requiran elementos de taller. Coidará especificamente de que o vehículo ou máquina que conduce saia do parque nas debidas condicións de funcionamento.

Ten ó seu cargo o manexo e conducción das máquinas ou vehículos remolcados e sen remolcar propios do servicio. Responsabilizarase do mantemento e axeitada conservación da máquina ou vehículo que se lle designe, así como de observa-las prescricións técnicas e de funcionamento destes.

-Peón: traballador ou traballadora encargado de executar labores para os que non se requira ningunha especialización profesional nin técnica. Poden presta-los seus servicios indistintamente en calquera servicio dos centros de traballo.

-Mecánico: operario ou operario que con coñecementos teórico-prácticos de oficio executan os cometidos do seu oficio coa suficiente perfección e eficacia.

Grupo de administrativos.

-Auxiliar administrativa ou administrativo: empregado ou empregada que dedica a súa actividade a peracions elementais e administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ó traballo da oficina.

Calquera outra categoría que exista no centro de traballo de Narón e que non se corresponda cos grupos mencionados anteriomente, integrarase nalgunha das establecidas no convenio xeral do sector e conforme o que establece a comisión paritaria.

Artigo 22º.-Roupas de traballo.

A roupa de traballo compoñerase das seguintes pezas:

Unifome de verán: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

Uniforme de inverno: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

Artigo 23º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Observarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais, tendo o delegado ou delegada de prevención deretio ó mesmo crédito horario cós representantes dos traballadores e traballadoras de Semat, S.A. Narón.

Artigo 24º.-Fondo de axuda escolar.

Para 1997 crearase un fondo de axuda escolar por un importe de 200.000 ptas. para repartir entre os traballadores e traballadoras de Semat, S.A: en Narón que teñan fillos ou fillas en idade escolar contra fracturas de gastos escolares oficiais (preescolar, EXB, BUP, COU e universitarios).

Artigo 25º.-Póliza de accidentes.

Para os casos de accidentes de traballo con resultado de morte dun traballador ou traballadora, a empresa contratará a correspondente póliza de seguro a favor de quen determine o traballador ou traballadora, consistente nunha indemnización de 500.000 (cincocentas mil) pesetas.

Se como resultado de accidente laboral o traballador ou traballadora sufrise unha incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, o importe da indemnización será igualmente de 500.000 (cincocentas mil) pesetas.

Artigo 26º.-Retirada do permiso de conducir.

No caso de que lle sexa retirado o permiso de conducir a un con ductor ou conductora por accións cometidas e feitos producidos dentro da xornada laboral de traballo, a empresa asignaralle un traballo igual ou equivalente, se existe nese momento, e terá dereito á percepción dos salarios da súa categoría de conductor ou conductora durante 1 ano. Transcorrido este período pasará a percibi-lo salario correspondente á categoría que se encontre desempeñando.

Se os feitos ocorresen fóra da xornada laboral a empresa asignaralle un posto de categoría inferior, e cobrará as remuneracións correspondentes ó dito posto.

Os beneficios incluidos no presente artigo non serán de aplicación cando as causas de retirada do permiso de conducir sexan por imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 27º.-Incremento salarial do ano 1997.

Os conceptos considerados na táboa salarial de 1996 veranse incrementados en 1997 na mesma porcentaxe cá previsión do IPC estatal para este ano.

Para o caso de que o 31 de decembro de 1997 o IPC real sexa superior ó previsto polo Goberno para este ano, revisaranse os conceptos da táboa salarial no exceso, procedendo ó aboamento da diferencia, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1997, no primeiro trimestre de 1998.

Para o suposto de que non se determinase oficialemnte unha previsión dó IPC estatal para 1997, os conceptos salariais incrementaranse nun 2,5% de tal modo que se o 31 de decembro deste ano o IPC real excedese este importe, revisariase os conceptos da táboa como se indica no artigo anterior, pero se chegado o caso de que o IPC o 31 de decembro de 1996 fose inferior ó 2,5%, o exceso detraerase dos salarios dos traballadores e traballadoras.

Disposición derradeira.

En virtude do establecido no artigo 33 do convenio xeral do sector, o complemento persoal de antigüidade substitúese polo plus de actividade e calidade de traballo do apartado e) do artigo 13º do presente convenio.

Táboa salarial 1996

CategoríaS.B. (día)P.T.P. (día)Noctur. (día)Activ. (mes)Transp. (día)Total mesExtra xuñoExtra NadalExtra marzoVacaciónsTotal ano

Capataz3.26365302 .448840137.665111.327111.32797.890116.9281.951.786
Conductor2.96959403.426525120.48193.05793.05789.07095.7601.696.230
Cond. N.2.9695947423.426525139.03993.05793.05789. 07095.7601.900.377

CategoríaS.B. (día)P.T.P. (día)Noctur. (día)Activ. (mes)Transp. (día)Total mesExtra xuñoExtra NadalExtra marzoVacaciónsTotal ano

Peón2.58951802.998525106.72281.87381.87377.67085.6801.501.035
Peón N.2.5895186472.998525122.90081.87381.87377.67085.6801.678.997
Administ. (mes)91.9830011.62620.950124.55995.12895.12891.983112.8961.765.285

Táboa salarial sobre a que se aplicará a porcentaxe de incemento para 1997 e que sería a previsión de IPC nacional para ese ano

CategoríaS.B. (día)P.T.P. (día)Noctur. (día)Activ. (mes)Transp. (día)Total mesExtra xuñoExtra NadalExtra marzoVacaciónsTotal ano

Capataz3.26365305.048736137.665111.327111.32797.890116.9281.951.786
Conductor2.96959406.026421120.48193.05793.05789.07095.7601.696.230
Cond. N.2.9695947426.026421139.03993.05793.05789. 07095.7601.900.377
Peón2.58951805.598421106.72281.87381.87377.67085.6801.501.035
Peón N.2.5895186475.598421122.90081.87381.87377.67085.6801.678.997
Administ. (mes)91.9830014.22618.350124.55995.12895.12891.983112.8961.765.285

9608323