Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.406

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (198/1994).

María Lorenza Fernández Calaza, secretaria do Xulgado de Primeira Instacia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo séguense autos de Or. suma Hipo. artigo 131 da Lei hipotecaria nº 00198/1994, nos que recaeu auto de data vintedous de outubro de mil novecentos noventa e seis e por María Evelia Marcos Arroyo, xuíza titular desde xulgado, e unha vez que se examinaron os presente autos de Or. suma Hipo. artigo 131 da Lei hipotecaria seguidos neste xulgado co nº 00198/1994, , nos que son parte, como demandante, o Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, asistido polo letrado Ángel María García Fernández, e como demandados Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María Ángela López Ledo, en paradoiro descoñecido, dispuxo:

«Apróbase definitivamente de oficio e a favor do Banco Pastor, S.A., o remate do predio descrito no feito primeiro desta resolución e na escritura de constitución de hipoteca que alí se menciona, polo prezo de 45.000.000 de pesetas (corenta e cinco millóns de pesetas), inferior ó crédito da parte actora, e en virtude da poxa celebrada neste proceso xudicial sumario hipotecario número 198/1994, seguido polo Banco Pastor, S.A., contra Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María Ángela López Ledo».

Decrétase a cancelación da hipoteca constituída sobre os referidos predios, que figuran, o 1º no Rexistro da Propiedade de Padrón como inscrición 13º do predio nº 1329 tripl, ó folio 169, libro 125, topo 532, e o 2º, no Rexistro da Propiedade de Villafranca del Bierzo, como inscrición 2ª do predio nº 9858, ó topo 1082, libro 79, folio 64 e tódalas demais inscricións e anotacións posteriores practicadas con posterioridade e aquelas inscricións de data 14 de xuño de 1993, respecto do predio inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón e de data 24 de xuño de 1993, respecto do predio inscrito no Rexistro de Villafranca del Bierzo, e á expedición da certificación prevista na regra 4ª do Art. 131 da Lei hipotecaria, datada o 26 de novembro de 1994, a do Rexistrador de Villafranca del Bierzo, e o 10 de outubro de 1994, a do Rexistrador de Padrón, unidas a autos.

Lévese certificación desde auto ó asunto principal, e cando sexa firme, expídase testemuño ó rematante, expedíndose mandado por duplicado ó rexistrador da propiedade de Padrón e de Villafranca del Bierzo, para a cancelación decretada.

E para a súa publicidade e que sirva de notificación ós demandados, Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María Ángela López Ledo, en paradoiro descoñecido, expido o presente en Padrón, o vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9608163