Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.406

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (58/1996).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 58/1996, sobre furto, cítase a José Carballeira Chaves e a Carlos Alberto Lisboa, en concepto de denunciante e denunciado, respectivamente, co fin de que o día 27 de novembro de 1996, ás 12.20 horas, comparezan perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistiren á celebración do

correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañados de cantos medios de proba intenten valerse, e prevéñoos de que, caso de non compareceren, recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lles sirva de citación a José Carballeira Chaves e a Carlos Alberto Lisboa, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

9608162