Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.407

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (131/1996).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 131/1996, sobre resistencia, cítase a Juan Ramón Calvo Pérez, en concepto de denunciado, co fin de que o día 27 de novembro de 1996, ás 10.50 horas, compareza perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, e prevéñoo de que, caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lles sirva de citación a Juan Ramón Calvo Pérez, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

O secretario

Rubricado

8424