Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996 pola que se convoca a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, dos servicios de seguridade da Casa de Galicia en Madrid, como expediente anticipado de gasto.

1. Obxecto: contratación dos servicios de seguridade da Casa de Galicia en Madrid.

2. Orzamento de licitación: 19.000.000 de ptas.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª prata en Santiago de Compostela.

4. Fianza provisional: non se esixe.

5. Fianza definitiva: 760.000 pesetas.

6. Clasificación mínima: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: a proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento Xeral de Contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 16 de decembro de 1996.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de seguridade na Casa de Galicia en Madrid, que presenta D./Dña.... en nome.... (propio ou da entidade que representa)»

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pulica (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 19 de decembro de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación a sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

96-8251