Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de novembro de 1996 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por Decreto 380/96, do 17 de outubro, da Consellería de Xusticia, Interior e Relacións Laborais, apróbase a agrupación voluntaria dos concellos de Ourol e Muras, da provincia de Lugo, para sostemento en común dun posto único de Secretaría-Intervención, nos termos dos seus Estatutos.

Sendo necesario clasifica-lo devandito posto de traballo, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido nos artigos 2.c) e 9 do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de Secretaría-Intervención da agrupación voluntaria dos concellos de Ourol e Muras, da provincia de Lugo, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, conforme a seguir se especifica:

-Clase: terceira.

-Subescala: Secretaría-Intervención.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8734