Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Culleredo (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos, de Culleredo, no que solicita a ampliación dunha unidade no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de

réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.

Esta dirección xeral resolveu:

Autoriza-la ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO QUE SE CITA

Provincia da coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Culleredo.

Enderezo: Castelo, 33.

Denominación: Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos.

Titular: Asociación de Padres de Niños Autistas y Psicóticos.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 4 de autistas.

Unidades novas autorizadas: 1 de autistas.

Total de unidades autorizadas: 5 de autistas.

9018