A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 30 de setembro de 1996, acordou aproba-lo proxecto de 63 P.O.L. 95.- Taboada.- Abastecemento de auga á Torre, San Mamede, Fontefría, Vilameñe, Fiunte, 1ª e 2ª fases e na sesión celebrada o día 24 de xuño de 1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expe
diente con data de entrada no rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 22 de novembro de 1996 baixo o número 12.253.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19 de novembro 1996, nº 12.105.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económica local e os terreos son necesarios para a iniciación das obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día trece de decembro de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 63 P.O.L. 95.- Taboada.- Abastecemento de auga á Torre, San Mamede, Fontefría, Vilameñe, Fiunte, 1ª e 2ª fases.
Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
9595