Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 440/1996, do 13 de decembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Oímbra (Ourense).

O Concello de Oímbra (Ourense) considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradi

cionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, co seu correspondente brasón e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.d. 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola comisión de heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Oímbra (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: De sinople (verde), unha folla de vide de ouro (amarelo), acompañada no baixo de dúas crucetas patadas de gules (vermello). Mantelado de ouro, cunha oliveira da súa cor á destra e un castiñeiro deste á sinistra. Bordura de sable (negro) con dez billetes de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.

Artigo segundo.-Aproba-la bandeira do Concello de Oímbra (Ourense), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano amarelo, unha oliveira verde ó centro e dúas crucetas patadas de vermello, unha á hasta e outra ó batente.

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9596