Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 902

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 11/1997, do 23 de xaneiro, polo que se nomean os membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE nº 209, do 1 de setembro), de reforma universitaria, recolle no seu artigo 14 o Consello Social como un órgano de participación de sociedade na universidade, remitindo en canto á súa composición, respecto dos intereses sociais e número total de membros, a unha lei da Comunidade Autónoma correspondente.

A Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño), crea o Consello Social da Universidade como órgano colexiado de

goberno universitario que garanta a participación da sociedade na vida universitaria galega.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987 determinan a composición do Consello Social, o procedemento de elección de representantes da xunta de goberno da universidade e o xeito de designación dos membros representantes dos intereses sociais respectivamente.

Pola súa banda, a disposición transitoria sexta da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (DOG nº 156, do 16 de agosto), prevé a constitución do Consello Social.

A Universidade de Santiago de Compostela, no uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación na designación dos representantes que lle corresponden pola xunta de goberno no Consello Social segundo o disposto no artigo 7 da Lei 5/1987.

Cada un dos organismos e entidades previstos no artigo 6 da Lei 5/1987, remitiulle así mesmo á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos representantes dos intereses sociais ó abeiro do disposto no artigo 7 da devandita lei. E, así mesmo, recibiuse xa nesta consellería, en cumprimento dos artigos 6.2º e 8º, o documento preceptivo de non ter incorrido en incompatibilidade.

Procede, pois, de acordo cos artigos 4 e 7 da mesma lei o nomeamento dos membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa virtude, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, vistas as designacións presentadas por cada un dos organismos e entidades correspondentes, por proposta formulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido no artigo 7 da Lei 5/1987, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomea-los membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, que queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da xunta de goberno da Universidade de Santiago de Compostela:

1. Darío Villanueva Prieto, rector da Universidade.

2. Gumersindo Guinarte Cabada, secretario xeral da Universidade.

3. Aureliano García González-Llanos, xerente da Universidade.

4. Manuel Castro Cotón, membro da xunta de goberno.

5. Eugenio Anselmo Rodríguez Núñez, membro da xunta de goberno.

6. Andrés Beiras Iglesias, membro da xunta de goberno.

7. José Sordo Rodríguez, membro da xunta de goberno.

8. María del Carmen Dopico Rodríguez, membro da xunta de goberno.

9. Antonio Monje Fernández, membro da xunta de goberno.

10. Alberto Pérez Viso, membro da xunta de goberno.

II) En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

11. Ramón Castromil Ventureira.

12. Óscar Fernández Refoxo.

13. Jesús García Calvo.

14. Alejandro Leis Carles.

15. Enrique Suárez Noche.

16. Francisco Vázquez Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

17. Ramón Domínguez Sánchez.

18. Mario Alfonso Calvo Alonso.

19. Ramón Cobián Varela.

20. Juan Carlos Villarino Tejada.

21. Jesús Alonso Escurís.

c) Designados polos sindicatos:

22. José Luis Crespo Garrido, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

23. Emilio Crespo Correa, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

24. Blanca García Montenegro.

25. Manuel Jaime Martínez Rapela.

Artigo 2º

Nomear presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Jesús García Calvo.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

555