A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 2º título II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.
O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante.
Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991, foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.
Así mesmo o artigo 4.d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, en relación á evolución xeral dos custos previstos, así como á inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da consellería de Sanidade á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión,
logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.
Faise necesario actualizar e amplia-lo Decreto 66/1996, do 15 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.
Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda, na súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Artigo 1º
1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.
2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, con excepción daqueles servicios sanitarios nos que a súa prestación veña regulada por convenios ou concertos.
Artigo 2º
A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
Prezos de servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social. (En pesetas)
A. Estadías
1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de: 46.575
Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).
2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía segundo a interpretación do apartado 1, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación como media estadía por: 23.288
3. A estadía en UVI, UCI, unidades de atención especializada, servicio de reanimación ou unidade de queimados facturarase por: 105.881
4. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos: 21.735
5. Por estadía no hotel de pacientes: 10.455
6. Na estadía están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estadía, recollidas no apartado C deste decreto como servicios especiais.
B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios
1. Por primeiras consultas ambulatorias: 19.665
2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias posthospitalarias: 10.143
3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:
Cataratas: 119.543
Incisión ciste lacrimal: 25.047
Amigdalectomías: 20.493
Safenectomías: 102.465
Hallux valgus: 54.648
Herniorrafía unilateral: 68.310
Herniorrafía bilateral: 119.543
Capsulotomía posterior con láser YAG: 70.000
Fimose: 39.848
4. A administración de fármacos antiinfecciosos en réxime de hospital de día, facturaranse a prezo de custo.
5. Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias: 23.805
6. Por consultas sucesivas en urxencias: 11.903
Nestes importes está contida a prestación de tódolos servicios e os gastos que orixinen, coas excepcións que se determinan no apartado C de servicios especiais.
Enténdese por primeira consulta ambulatoria ou de urxencias cantas actuacións sexa preciso efectuar no centro hospitalario, para a determinación diagnóstica e orientación terapéutica do proceso asistencial do paciente, estando incluídas as probas necesarias como diagnóstico, determinación do tratamento e acto cirúrxico ambulatorio cando proceda que se efectúen dentro dos 15 días seguintes.
As revisións ambulatorias posthospitalarias comprenderán as revisións ás que deban ser sometidos os pacientes hospitalizados, despois de seren dados de alta no centro hospitalario, incluíndo cantas actuacións sexa preciso realizar no centro hospitalario para coñece-la evolución clínica do paciente e mentres persista a súa relación inmediata co proceso que determina o ingreso.
Entenderanse consultas ambulatorias e de urxencias sucesivas todas e cada unha das asistencias dispensadas a partir dos 15 días da visita inicial sempre e cando se trate do mesmo proceso.
C. Tarifas por servicios especiais
As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estadía.
1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estadías e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por: 17.078
2. Cardioloxía
2.1. cardioloxía intervencionista.
Cateterismo (coronariografía): 97.808
Procedementos terapéuticos: 210.830
Implantación de marcapasos:
-Marcapaso endocavitario: 203.895
-Marcapaso epicárdico: 135.585
-Marcapaso con implantación ambulatoria: 97.808
Biopsia endomiocárdica: 135.585
2.2 Cardioloxía diagnóstica.
Ecocardiograma doppler: 29.808
Estudio electrofisiolóxico: 21.735
Proba de esforzo: 28.800
Holter: 16.353
Eco transesofáxico: 29.808
Eco estrés farmacolóxico: 35.000
2.3 Cirurxía vascular.
Flebografía: 65.205
Estudio de membros superiores e inferiores: 30.429
Estudio renal: 30.429
3. Radiodiagnóstico
3.1. Neuroloxía diagnóstica e terapéutica.
Estudio de troncos supraórticos: 95.634
-Anxiografía dixital: 39.744
-Anxiografía dixital terapéutica: 103.293
-Embolización cerebral: 564.075
-Por arteriografía cerebral: 76.073
-Por arteriografía periférica: 54.338
-Por arteriografía toracoabdominal: 54.338
-Por ecografía doppler-color de troncos supraórticos: 30.000
3.2. Por cada exploración mediante TAC scanner
-Tanto se faga con contraste ou sen el: 35.708
3.3. Por exploración mediante resonancia nuclear magnética:
-Por cada estudio simple: 65.412
-Por cada estudio dobre: 83.214
-Por cada estudio triple de medula, columna e abdome: 102.258
-Plus de contraste: 18.734
-Plus de anestesia. 18.734
3.4. Outras probas de radiodiagnóstico:
-Urografías: 27.221
-Ecografías: 16.353
-Densitometrías: 16.353
-Biopsia de mama dirixida por harpón: 18.960
4. Respiratorio
Por broncoscopia con anestesia local: 23.909
5. Otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia
Probas labirínticas nistagmografía: 24.840
Por cada mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria: 29.808
Por sesións illadas do tratamento: 1.760
6. Neurofisioloxía clínica
Por exploración electroencefalográfica: 12.006
Por exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais,etc.): 29.808
Por exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados: 41.607
Por exploración electroencefalográfica con privación do sono: 17.906
Por exploración de potenciais evocados auditivos: 23.909
Por exploración de potenciais evocados de tronco: 23.909
Por exploración de potenciais evocados somestésicos: 23.909
Por exploración de potenciais evocados visuais: 17.906
Por exploración de Onda P-300: 23.909
Por exploración de variación continxente negativa: 23.909
Por estudio electroencefalográfico con sistema HOLTER: 59.513
Por exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados: 35.708
Por electro-retinograma: 23.909
Por electro-oculograma: 23.909
Por audiometría obxectiva: 29.808
Por nistagmograma: 23.909
Por reoencefalograma: 7.142
Por estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcraneal: 29.808
Por electromiograma cuantificado(electromiografía): 23.909
Por electromiograma fibra illada: 47.610
Por estudio electromiográfico de esfínteres(electromiografía): 29.808
Por neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía): 12.006
Por neurografía convencional (electromiografía): 7.142
Por neurografía S.N. vexetativo: 17.906
Por estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía): 17.906
Por polinsomniografía do sono: 116.575
7. Dixestivo
Por colanxiopancreatográfico retrógrada endoscopia: 83.318
Por colanxiografía retrógrada: 83.318
Por esfinterotomía: 142.727
Por extracción de corpos estraños: 29.808
Por dilatacións esofáxicas (por sesión): 35.708
Por dilatación esofáxica (acalasia): 59.513
Por esclerose de varices esofáxicas (por sesión): 35.708
Por colonoscopia: 29.808
Por polipectomía: 53.510
Por sonda de gastrotomía endoscópica: 118.922
Por colocación de drenaxes nasobiliares: 214.038
Por drenaxe biliar interna: 214.038
Por prótese esofáxica: 95.117
Por terapia endoscópica ulcerosa: 47.610
Por biopsia xexunal: 17.906
Por endoscopia dixestiva alta: 28.800
Por rectoscopia/anuscopia: 9.522
Por papiloctomía endoscópica: 142.726
Por laserterapia sesión: 56.925
Por laserterapia de estómago: 56.925
Por laserterapia de esófago: 56.925
Por laserterapia de colon: 56.925
Por laparoscopia diagnóstica: 84.767
Por laparostomías: 96.773
Por alcolización hepática: 100.000
Por ligadura de varices esofáxicas: 41.400
Por implantación de endopróteses biliares: 88.550
(As próteses facturaranse a prezo de custo)
Por dilatacións biliares: 103.550
Por electrocoagulación bipolar alta e baixa: 59.455
8. Anatomía patolóxica
Por biopsias de anatomía patolóxica: 28.800
Por biopsias de anatomía patolóxica con estudio macro e microscópico: 35.000
Citoloxía vaxinal: 15.000
9. Hemodiálise
Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio: 22.000
O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.
Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de: 1.242
10. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia
Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria: 29.808
Por sesións illadas do tratamento: 1.760
11. Quimioterapia e radioterapia
Por sesión de quimioterapia: 2.381
Por sesión de radioterapia superficial: 1.760
Por sesión de radioterapia profunda: 2.381
Se se subministran fármacos, estes facturaranse a prezo de custo.
12. Procedementos especiais
No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizar ó paciente con anterioridade ó procedemento ó que vaia ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estadías no hospital, medicación, material sanitario, alimentación incluída a nutrición parenteral e enteral e estadías na unidade de coidados intensivos que puidera precisar.
Transplante autólogo de medula ósea: 3.135.947
Transplante cardíaco: 4.255.196
Transplante hepático: 5.341.946
Transplante renal:2.487.519
Transplante de córnea:500.000
Artroscopias: 82.593
Estudio de inmunohistoquímica (ptas/anticorpo): 5.486
Amniocentese: 86.940
Litotricia renal extracorpórea: 334.202
13. Rehabilitación para paralíticos cerebrais
Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría: 47.610
Por cada sesión deste tratamento: 2.381
14. Órtese e prótese
As órteses e próteses que sexa necesario implantar ou adaptar ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse ó prezo de custo.
15. Medicina nuclear
Gammacámara dixital:
Gammagrafía de corpo enteiro: 56.408
Gammagrafía pulmonar con galio: 42.953
Gammagrafía suprarrenal: 56.408
16. Hospitalización a domicilio
Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio, por día: 13.662
17. Copias de historias clínicas
Por copia de historias clínicas e dos estudios incluídos nelas: 2.250
18. Probas de detección de alcoholemia
Por cada proba de detección de alcoholemia: 12.000
D. Servicios prestados en centros de atención primaria do servicio galego de saúde
1. Tarifa básica
Por primeira consulta: 6.417
Por consultas sucesivas: 3.209
2. Tarifa para consulta con probas complementarias
Por primeira consulta: 7.970
Por consultas sucesivas: 4.037
3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería
Primeira consulta:
con probas: 9.522
sen probas: 7.659
Consultas sucesivas:
con probas: 4.761
sen probas: 3.830
4. Consultas de enfermería
Consultas de enfermería: 1.346
5. Consultas a domicilio
5.a) Sen coidados de enfermería.
Primeira consulta:
Con probas: 9.522
Sen probas: 7.659
Consultas sucesivas:
Con probas: 4.761
Sen probas: 3.830
5.b) Con coidados de enfermería.
Primeira consulta:
Con probas: 11.489
Sen probas: 9.212
Consultas sucesivas:
Con probas: 5.796
Sen probas: 4.554
6. Intervencións cirúrxicas ambulatorias
Intervencións cirúrxicas ambulatorias: 9.522
E. Servicios de centros psiquiátricos
1. Por internamento completo en unidades de media e longa estadía: 9.729
2. Por estadías causadas en réxime de hospital día: 10.143
3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:
3.a) Primeira consulta médica: 8.591
3.b) Revisións médicas: 4.347
3.c) Visitas domiciliarias:
Por médico/hora: 5.175
Asistencia social/hora: 2.381
Auxiliar social/hora: 2.174
Quilómetro percorrido: 32
F. Transporte sanitario
Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.
Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.
As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.
1. Ambulancias non asistidas
1.a) Servicio interurbano por cada quilómetro de:
Transporte programado: 63
Transporte non programado: 68
1.b) Servicios urbanos:
Para poboacións de mais de 200.000 habitantes:
Transporte programado: 1.863
Transporte non programado: 2.070
Para poboacións de ata 200.000 habitantes:
Transporte programado: 1.346
Transporte non programado: 1.449
1.c) O tempo de espera que se computará cando se advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos distantes máis de 40 quilómetros aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.
Tempo de espera por cada hora: 1.760
2. Ambulancias asistidas
Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.
2.a) Por cada servicio urbano: 35.708
2.b) Por cada quilómetro de servicio interurbano: 218
2.c) Por cada hora de espera: 4.140
O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1.c).
G. Dispositivos preventivos ou de risco controlado
Establecemento de dispositivos preventivos e asistenciais polo Servicio de Prestacións e Emerxencias Médicas, non incluíndose os gastos de vehículos de transporte sanitario:
Por cada equipo sanitario necesario no dispositivo:
-Coordenación e mobilización: 30.000
-Por cada hora ou fracción de mantemento do dispositivo: 15.000
ANEXO II
Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directo. (En pesetas).
A. Hospitalización
Por cada día de estadía hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero facendo excepción expresa de hemodiálise, transfusións e a tomografía axial computarizada, (TAC) e resonancia nuclear magnética (RMN) que facturarase á parte:
Estadía: 31.915
Estadía UVI ou UCI: 57.400
B. Asistencia ambulatoria
Primeira consulta: 13.415
Consultas sucesivas: 6.304
Entenderase por primeira consulta a asistencia inicial de urxencia, estando incluídas tódalas probas de diagnóstico e de fixación do tratamento que se realicen dentro dos 15 días seguintes a esta primeira consulta, salvo as especificadas nesas tarifas.
Entenderanse por consultas sucesivas facturables, o conxunto de actos ambulatorios prestados en cada semana, mentres dure o mesmo proceso excepto os especificados nestas tarifas.
C. Fisioterapia e rehabilitación
Por cada día de tratamento ambulatorio de fisioterapia e rehabilitación: 1.051
D. Hemodiálise
Por cada sesión: 15.000
E. Gastos ortoprotésicos
Consideraranse como tales, aqueles correspondentes a material ortoprotésico de implantación cirúrxica que puidera precisa-lo lesionado durante o seu tratamento, os que serán facturados de xeito pormenorizado e individualizado ó prezo de custo. Respecto ós elementos de que consta un fixador externo de fracturas, só se facturarán os cravos ou parafusos co cal o corpo principal se fixa ó oso.
F. Transporte sanitario
Os gastos ocasionados polo traslado do doente lesionado facturaranse conforme as tarifas establecidas en cada ámbito polo Servicio Galego de Saúde.
Naqueles casos nos que se utilice transporte sanitario distinto ó propio do centro sanitario ou concertado por este, será a entidade aseguradora a que deberá facerse cargo do pagamento directo dos gastos que o dito transporte represente, logo de conformidade da aseguradora.
G. Tomografía axial computarizada (TAC)
Por tomografía axial computarizada,(TAC) facturarase a cantidade de: 18.000
H. Resonancia nuclear magnética
Por resonancia nuclear magnética: 33.000
I. Transfusións e hemoderivados
As transfusións de sangue e hemoderivados facturaranse segundo a tarifa fixada polo Servicio Galego de Saúde.
821

