Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece o uso da CIE-9-MC, 3ª edición en castelán, para a codificación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galicia.

O conxunto mínimo básico de datos (C.M.B.D.) é unha colección de parte dos datos de que dispoñen os establecementos sanitarios con réxime de internamento sobre cada paciente atendido, e que se recollen, no momento da alta do informe clínico e/ou historia correspondente. O informe de alta hospitalaria é o documento básico de información para o paciente hospitalizado e para os profesionais dos distintos niveis asistenciais.

Respecto a utilidade do C.M.B.D., como é ben coñecido, resulta un elemento fundamental na información a nivel asistencial, de xestión do propio hospital, de planificación, epidemiolóxico e de investigación.

Son requisitos imprescindibles para a operabilidade do conxunto mínimo básico de datos a exhaustividade e a normalización dos criterios de codificación, que implican codificación centralizada, persoal especializado con formación homoxénea e a utilización dun sistema de clasificación adecuado.

O conxunto mínimo básico de datos de altas hospitalarias regulase en Galicia por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 7 de abril de 1993 (DOG nº 77 do 26 de abril).

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confiren a disposición derradeira primeira da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 7 de abril de 1993.

DISPOÑO:

Artigo único.

1.-Tódolos centros sanitarios galegos con réxime de internamento quedan obrigados a utilizar, para a elaboración do conxunto mínimo básico de datos

de altas hospitalarias (C.M.B.D.), a clasificación internacional de enfermidades, 9ª revisión, modificación clínica (CIE-9-MC), na súa terceira edición en castelán, nas altas producidas desde a data do 1 de xaneiro de 1997.

2.-Queda sin efecto a Resolución do 4 de novembro da Dirección Xeral de Organización Sanitaria que establece o uso da CIE-9-MC 2ª edición en castelán para a codificación diagnóstica en Galicia (DOG nº 230 do 29 de novembro).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

572