Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.322

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxías galega e portuguesa, do departamento de Filoloxía Galega e Latina, a Xosé Henrique Costas González (praza 6/1996).

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 17 de xaneiro de 1996 (BOE do 14 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxías galega e portuguesa, do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, a prol de Xosé Henrique Costas González, DNI nº 36.049.466, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Xosé Henrique Costas González profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxías galega e portu

guesa, do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 23 de xaneiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

794