Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.321

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 1997, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), polo que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 24 do presente mes polos tribunais 1, 2, 3 e 4 designados para

xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocadas por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG do 12 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, acordouse:

1.-Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

2.-Outorgar un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular, ante os correspondentes tribunais, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, as reclamacións que estimen oportunas.

Para efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1997.

Rubén Víctor Lois CalviñoManuel Barreiro Barreiro

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Álvarez VidalJavier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal nº 3Presidente do tribunal nº 4

793