Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. desde C.T. Salceda-grupo escolar a Salceda-pobo, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Salceda-grupo escolar ata o C.T. Salceda-pobo, concello de Salceda de Caselas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea a 15/20 kV, de 405 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 3.245.035 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de decembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
738

