Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia a licitación da obra de execución dos accesos, instalacións especiais e acondicionamento interior do auditorio de Pontevedra (clave 97.01.PO).

Procedemento aberto.

1.-Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña) (España). Teléfono nº: 981/544371. Telefax nº. 981/544343.

2.-A) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación: execución das obras contidas no proxecto. Execución dos accesos, instalacións especiais e acondicionamento interior do Auditorio de Pontevedra.

C) Orzamento total: oitocentos dezanove millóns novecentas oitenta e tres mil cincocentas tres (819.983.503) pesetas, IVE incluído.

3.-A) Lugar de execución: termo municipal: Pontevedra. Provincia de Pontevedra. España.

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: as definidas no proxecto de execución.

4.-Prazo de execución eventualmente imposto: dez (10) meses.

5.-Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato: escritura pública.

6.-A) Solicitude de documentación para participar no concurso: Copyestudio en r/ Nova, nº 19-Galerías. 15706-Santiago de Compostela. A Coruña, España. Teléfono. (981) 59 33 85

Copynino en r/ general Pardiñas, nº 2. 15701-Santiago de Compostela. A Coruña, España. Teléfono (981) 58 89 38

O custo total para adquirir copia de toda a documentación ascende a 27.755 pesetas (IVE incluído).

B) Data límite de recepción de solicitude de participación: vinte (20) de marzo de mil novecentos noventa e sete.

C) Dirección á que deberán enviarse as ofertas: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Rexistro xeral. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela, A Coruña, España.

D) Lingua nas que deben redactarse: galego, castelán, ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea acompañado da traducción oficial.

7.-Data, hora e lugar de apertura das proposicións: en acto público o día 26 de marzo de 1997 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8.-Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional de dezaseis millóns trescentas noventa e nove mil seiscentas setenta (16.399.670) pesetas de acordo co establecido no apartado H) do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de trinta e dous millóns setecentas noventa e nove mil trescentas cuarenta (32.799.340) pesetas, segundo o definido no apartado I do cadro de características do citado prego.

As mencionadas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9.-Modalidades básicas de financiación e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10.-Datos referentes á situación do empresario así como as condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11.-Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato cando non se mencionen na invitación que se vai licitar: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12.-Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13.-Información complementaria: clasificación:

Grupo C, subgrupo 2, categoría b); grupo C, subgrupo 3, categoría a); grupo C, subgrupo 4, categoría d); grupo C, subgrupo 6, categoría d); grupo C, subgrupo 8, categoría c); grupo C, subgrupo 9, categoría c); grupo G, subgrupo 3, categoría a); grupo G, subgrupo 4, categoría a); grupo I, subgrupo 1, categoría d); grupo I, subgrupo 8, categoría b); grupo I, subgrupo 9, categoría d); grupo J, subgrupo 1, categoría a); grupo J, subgrupo 2, categoría d); grupo J, subgrupo 4, categoría b); grupo K, subgrupo 1, categoría b); grupo K, subgrupo 2, categoría b); grupo K, subgrupo 5, categoría d); grupo K, subgrupo 9, categoría b).

14.-Data de envío do anuncio á OPOCE: (27) de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

743