Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, cerifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo tercería de dominio número 377/1992, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentencia. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 377/1992, por instancia do Fondo de Garantía Salarial, representado pola letrada do Estado Paz Gómez, contra Sociedad de Desarrollo Industrial de Galicia (Sodiga), representada pola procuradora Sánchez Silva, asistida do letrado Rodríguez Magdalena, en contra Embutidos de Viana, S.A., en situación procesual de rebeldía.
Resolvo que debo considerar e considero a demanda de tercería de dominio interposta polo Fondo de Garantía Salarial, contra a Sociedade de Desarrollo Industrial de Galicia, S.A., (Sodiga), representada pola procuradora Sánchez Silva, e contra Embutidos de Viana, declarada en rebeldía procesual, declarando o mellor dereito dos terceristas para o cobramento co producto dos bens obxecto de embargo, na cantidade dun millón seiscentas dezaoito mil seiscentas corenta e cinco pesetas (1.618.645 ptas.), correspondentes ós derradeiros 30 días de salarios.
Non se fai condena no tocante ás custas procesuais.
Unha vez firme a presente resolución léveselle testemuño ó principal do que deriva esta tercería.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, neste xulgado, recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación».
A sentencia perinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Embutidos de Viana, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o veintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e sete».
Rubricado
668

