Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 27 xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente, para a realización do servicio de transporte-dispersión das obras de arte das exposicións de Medardo Rosso e Arnulf Rainer, realizadas polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

1.-Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura e Comunicación Social.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramite o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tlfno: (981) 54 66 18 Fax.: (981) 54 66 25.

2.-Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: transporte ( dispersión) de obras de arte.

3.-Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: doce millóns duascentas dúas mil cento corenta e catro pesetas (12.202.144 ).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.353.B.640.1

4.-Prazo de execución:

Un mes desde a data de sinatura do contrato.

5.-Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: catrocentas oitenta e oito mil oitenta e seis pesetas ( 488.086).

6.-Clasificación esixida ó contratista: grupo III , subgrupo 9, categoría A.

7.-Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso. 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, se o último día fose inhabil se prolongarase o prazo ata ó día habil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentaran as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8.-Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación específicada no prego de cláusulas particulares.

9.-Modelo de proposición: o que figura como anexo I no prego de cláusulas administrativas particulares.

10.-Prego de cláusulas administrativas particulares: tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

11.-Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social, ás 12 horas do quinto día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados.

12.-Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

97-905