1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia, praza de Europa nº 5A, 6º e 7º, Área Central, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto : servicio de asistencia técnica para a realización dunha auditoría do exercicio económico de 1996 no Ente Público Portos de Galicia .
b) Lugar de execución: sede central do Ente Público Portos de Galicia.
c) Prazo de execución: 2 meses , con posibilidade de prórroga dun mes.
3. Modalidade de adxudicación:
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 4.800.000 ptas.
5. Fianzas :
a) Fianza provisional: 2%, orzamento de licitación 96.000 ptas.
b) Fianza definitiva: 4%, orzamento de licitación 192.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información :
Entidade: Ente Público Portos de Galicia .
Domicilio: praza de Europa , nº 5A, 6º e 7º , Área Central, polígono das Fontiñas.
Localidade e código postal : Santiago de Compostela, CP 15707.
Teléfono: (981) 54 45 02
Telefax: (981) 54 53 57
Data límite de obtención de documentos e información: as 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou en sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos :
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: ante a entidade , domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.
d) Prazo durante o cal o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.
9. Apertura das ofertas: na entidade , domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.
A mesa de contratación reunirase as 12 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte ó remate do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día hábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios do Ente Público Portos de Galicia, Área Central, praza das Fontiñas 5A-6º, CP 15707, Santiago de Compostela, o resultado da dita cualificación para que se emenden , dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.
10. Outras informacións.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do Ente Público Portos de Galicia
943

