Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

A alcaldía presidencia do Concello de Laracha, en uso das atribucións que lle confire o artigo 4.1º do Real decreto lei 5/1996, do 7 de xuño, de medidas liberalizadoras en materia de solo, que substitúe o parágrado m) do artigo 21.1º, da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle, redactado polo arquitecto superior José María Dopico Suá

rez, por instancia de Germán Riveiro Rodríguez, rederido ás parcelas sitas nas rúas de Montemaior, río Allóns, e Silverio Moreda Alvariño, solo urbano denso intensivo, ordenanza Z-1, artigo 36, das normas subsidiarias de planeamento.

Supende-lo outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición, o grafiado con liña grosa no plano número 1 do proxecto de estudio de detalle.

Abrir un período de información pública polo prazo de quince días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, para deducir alegacións. Se non se producisen, considerarase definitivamente aprobado.

Lugar de exihibición do expediente: Secretaría xeral. Horario: de 9 a 14 horas.

Laracha, 21 de xaneiro de 1997.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

97-698