Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da corporación municipal, en sesión celebrada o día 27 de decembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación de soares en Rosalía de Castro e Lucena, Carril, redactado por Estingar, S.L. e promovido por Rualede, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 117 do Real decreto lexislativo 1/1992, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de quince días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 21 de xaneiro de 1997.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde