O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.
2.
a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3.
a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos a subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de gasas e compresas.
Orzamento total: 43.677.900 ptas.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: lote único.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 1ª entrega os 15 días despois da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras de Subministración.
5.
a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios. Servicio de contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 13-3-1997.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6.
a) Data límite de recepción das proposicións: 18-3-1997.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.
7.
a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: Sala de Xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza de A Coruña. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hos
pital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 31-3-1997.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidad mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: oferta económica (60%), calidade dos materiais (20%) e servicio técnico (20%).
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.
17. Data de envío do anuncio: 10-2-1997.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicación Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a la OPOCE).
A Coruña, 4 de febreiro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
1070

