Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación dunha subministración de sutura mecánica. (C.P. 14/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.

2.a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3.a) Lugar de entrega: hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades). Subministración de suturas mecánicas. Orzamento total: 40.003.500 ptas.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 7 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1.-Grampadora p/pel dun só uso: 3.680.000 pesetas.

Lote 2.-Grampadora lineal dun só uso 60 e 90: 1.691.500 pesetas.

Lote 3.-Carga Grapa. Lin. n/s dun só uso p/vasos: 1.242.000 pesetas.

Lote 4.-Grap. Lin. cortadora dun só uso 55/60 e 75/80 e carga Grap. Lin. Cort. dun só uso 55/60 e 75/80: 11.478.000 pesetas.

Lote 5.-Grap. Circ. Cort. Curv. dun só uso 21, 25, 29 e 33: 4.512.000 pesetas.

Lote 6.-Grap. lineal Artic. dun só uso 55: 3.000.000 de pesetas.

Lote 7.-Aplicador de clips pequeno, mediano e grande: 14.400.000 pesetas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 1ª entrega ós 15 días despois da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

5.a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 10-3-1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6.a) Data límite de recepción das proposicións: 18-3-1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7.a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 31-3-1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá achega-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes a situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: oferta económica (60%), calidade dos materiais (20%) e servicio técnico da subministración (20%).

14. No seu caso, prohibición das variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.

17. Data de envío do anuncio: 10-2-1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a la OPOCE).

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

1119