Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha escola infantil no Castrillón.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesión.

b) Número de expediente: O96/75.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha escola infantil no Castrillón.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 59.871.799 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 182.967 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Sucopia, S.L.

b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131.

c) Localidade: 15010 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 26 70 64.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Información na Unidade de Obras e Concesións. Concello da Coruña.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupos 2 y 4, categoría a. Grupo J, subgrupo 2, categoría a.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematará ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b). Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións; nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha escola infantil no Castrillón.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

1216