Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Fernando Merelas Iglesias, para reaxuste das aliñacións do tramo da rúa do Lagarto, Pastoriza, Arteixo, comprendido entre as parcelas de numeración catastral 35.804-18, 10, 01, 02 e 03, así como as 06 e 07 do cuarteirón número 35.828; redactado polo arquitecto Luis Couto González.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 27 de xaneiro de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

1182