Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía con data do 6 de febreiro de 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para a unidade de execución nº 1-b-Cambre, das normas subsidiarias municipais, presentado por Anjoca, S.L., e redactado polos arquitectos Xaime Martínez Molina e Ignacio Ferreiro González.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario oficial de Galicia, BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 12 de febreiro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

1197