Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: reelectrificación de Cangas.
Situación: Foz.
Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.076 metros sobre apoios de formigón ou torres metálicas. Catro centros de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, os de Vilachá, Ribela Alemparte e de 50 kVA. O de Cangas II, sobre apoios de formigón. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50, cunha lonxitude de 8.040 metros, para mellora do servicio eléctrico en Cangas I, Cangas II, Vilachá, Ribela e Alemparte, no concello de Foz.
Orzamento: 52.189.779 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 17 de decembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1133

