Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: reelectrificación de Riocobo.
Situación: Begonte.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30, cunha lonxitude de 70 metros. Centro de transformación de 10 kVA. Rede de baixa tensión en conductor LC-28, cunha lonxitude de 390 metros, para mellora do servicio eléctrico en Riocobo, concello de Begonte.
Orzamento: 1.386.714 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 18 de decembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1201

