A) Contratos de alugueiro.
1. Alugueiro de local destinado ó establecemento dos servicios centrais do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
Orzamento: quince millóns seiscentas mil pesetas (15.600.000 ptas).
Fianza provisional: non se esixe.
(Declarado urxente segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).
2. Alugueiro de local destinado ó establecemento do servicio territorial do Organismo Autónomo Augas de Galicia en Vigo.
Orzamento: cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000 ptas).
Fianza provisional: non se esixe.
(Declarado urxente segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administacións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
De conformidade co establecido no artigo 145 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde social, que engade un novo número 6 no artígo 36 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, non será necesario prestar fianza.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ós pregos de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do sétimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do Organismo Autónomo
Augas de Galicia
1456

