Obxecto: adquisición de tres vehículos clase A para o servicio do Consello Consultivo de Galicia.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: urxente.
procedemento: aberto.
Forma: concurso público.
Orzamento da licitación: 13.440.000 ptas., IVE incluído.
Prazo de execución: 1 mes.
Clasificación que se esixe: non se esixe clasificación.
Obtención de documentación: o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas poderá consultarse na Sección de Habilitación do Consello Consultivo de Galicia, sito no Pazo de Amarante, Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións.
Garantía provisional: 2% do importe de licitación.
Presentación de proposicións: as proposicións para tomar parte no concurso de subministración presentaranse en tres sobres pechados denominados 1, 2 e 3 no rexistro do Consello Consultivo de Galicia, sito no Pazo de Amarante 2º, Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de admisión rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto en acto público, na Sala de Xuntas do Consello Consultivo de Galicia sito no Pazo de Amarante 2º, Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.
José Luis Rodríguez Fernández
Secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia
1449

