Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1997 pola que se renova e amplía a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Laboratorio del Noroeste, S.A. (Labornosa) con domicilio en Monte das Moas, 11, 15009 A Coruña.

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu renova-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó Laboratorio del Noroeste, S.A. (Labornosa) con domicilio en Monte das Moas, 11 baixo, 15009 A coruña, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HC Área de control de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga, co número 15015HC91.

-SE Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo, co número 15016SE91.

-SV Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais, co número 15017SV91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

1394