Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, por trámite urxente, para a subministración sucesiva de víveres. (C.P. 2/1997).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: productos de panadería; embutidos; conxelados; lácteos e derivados; diversos para almorzos; legumes e sopas; conservas; galletas; biscoitos e ovos.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Orzamento: 27.284.329 pesetas (IVE incluído).

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a data de notificación da adxudicación do concurso ata o 31-12-1997, en entregas sucesivas, de acordo con pedidos ou programacións.

Admisión de variantes: admítense, sempre e cando superen o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no apartado a) do artigo 16.1 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido nos apartados do artigo 18 da Lei 13/1995 citada, seguintes:

Productos de panadería: apartados b), d) e e). (Lote nº 1).

Leite: apartados b) e d). (Lote nº 5).

Resto dos productos: apartado d).

Criterios de adxudicación: 1) Calidade, ata 5 puntos. 2) Importe económico, ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración - planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.

Fianzas:

Provisional: 2% do importe da licitación correspondente ó/s lote/s a que concorran.

Definitiva: 4% do/s importe/s de licitación do/s que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle, ó órgano de contratación, a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa a Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 18 de febreiro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

657