Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

CONVOCATORIA.

Convócanse probas selectivas para prove-las prazas que se indican, de conformidade coas bases xerais aprobadas polo Concello en Pleno o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril) e as específicas, aprobadas polo Concello en Pleno o 29 de novembro de 1996.

Bases específicas da convocatoria para o ingreso na subescala subalterna de Administración xeral

I. Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para cubrir unha praza de funcionario, pertencente á escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E, correspondente á quenda libre.

Nivel de titulación esixido: certificado de escolaridade.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas bases xerais aprobadas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP con data do 3 de abril de 1996, e no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril de 1996.

II. Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.

III. Requisitos: ademais dos xerais para o acceso á función pública local, os aspirantes deberán posuí-lo permiso de conducir, clase B-1 na data de remate do prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas.

IV. Fase de concurso: valoraranse os méritos que figuran no anexo II.

V. Fase de oposición: a oposición constará de tres exercicios, todos eles de carácter obrigatorio, sendo o primeiro e terceiro eliminatorios e o segundo non eliminatorio, e coas características seguintes:

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito, durante un tempo máximo de corenta minutos, dous temas extraídos ó chou de entre os que figuran no programa anexo, dos que corresponde un ó apartado A. Materias comúns e outro ó apartado B. Materias específicas. Este exercicio será puntuado de cero a dez puntos, e quedarán eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Valoraranse os coñecementos dos temas e a forma de exposición.

Segundo exercicio: consistirá en traducir do castelán ó galego un texto sinalado polo tribunal nun tempo máximo de medio hora. Este exercicio será eliminatorio e valorarase ata un máximo de cinco

puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de dous puntos.

Terceiro exercicio: práctico. Consistirá en resolver un suposto que sinale o tribunal relacionado coas notificacións.

Tempo máximo para a realización do exercicio: trinta minutos. Este exercicio valorarase de cero a dez puntos, quedando eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos.

VI. Puntuación final: será a suma da obtida nas fases de concurso e de oposición.

ANEXO I

Programa

A. Materias comúns.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 2. A organización do Estado. As comunidades autónomas. O estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 3. O dereito administrativo. O procedemento administrativo: concepto e fases.

Tema 4. A Administración local. Concepto. Entidades que comprende. O municipio. Organización municipal. Competencias. O alcalde. O Pleno do Concello. A comisión de goberno.

Tema 5. Os funcionarios públicos locais. Clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 6. Facendas locais: clasificación dos ingresos e gastos. Os orzamentos locais.

B. Materias expecíficas.

Tema 1. A oficina municipal de información ó público. Rexistro de entrada e saída de documentos.

Tema 2. Comunicacións e notificacións. Convocatorias de sesións.

Tema 3. O concello de Nigrán: división parroquial. Entidades de poboación.

Tema 4. O concello de Nigrán: vías de comunicación. Rúas principais. Monumentos e zonas de interese turístico.

ANEXO II

Baremo de méritos para a fase de concurso

a) Experiencia profesional en administracións públicas e/ou empresas privadas en postos con funcións similares:

-Na empresa privada: 0,05 puntos/mes, ata un máximo de 4 puntos.

-Na administración pública: 0,10 puntos/mes ata un máximo de 4 puntos.

A puntuación máxima que poderá obterse neste apartado será de 4 puntos.

b) Títulos ou certificacións de estudios:

Valoraranse ata un máximo de 2 puntos, ponderándose en función do tempo necesario para a súa obtención e a maior ou menor relación coas funcións que se vaian desempeñar.

c) Cursos relacionados cos cometidos do posto a que se aspira:

Valoraranse ata un máximo de 1 punto, ponderándose en función da súa duración e a maior ou menor relación coas funcións que se vaian desempeñar.

d) Entrevista curricular:

Valorarase ata un máximo de 3 puntos.

Nigrán, 17 de decembro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

1461