1. Obxecto do contrato: obras de construcción de 252 nichos no cemiterio de Vilagarcía de Arousa e 52 nichos no cemiterio de Carril.
2. Prazo de execución: tres meses.
3. Prezo do contrato: 15.000.000 de ptas.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 300.000 ptas.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días
naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da claúsula XII.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XII do prego.
Vilagarcía de Arousa, 10 de febreiro de 1997.
Joaquín J. Gago López
Alcalde
1144

