1. Obxecto do contrato: lote de obras de pavimentación barrio San Roque; mellora capa de rodadura en rúa Fondo da Vila, rúa Nova e Camiño Real a Loureiro-Trabanca Sardiñeira; mellora firme rúa Canteira e 2º tramo rúa Arealonga; pavimentación camiño Piñeiro de Arriba-Xesteira-Avda. Cambados; mellora capa de rodadura Faxilde-Renza; pavimentación en Barrio Invisa; pavimentación rúa Sobradelo-Feal; pavimentación en Castrogudín; pavimentación e mellora de servicios TV. Barrio Novo-Trabanca Sardiñeira; pavimentación camiño Igrexa a Valiña e pista Pereira e pavimentación Vento-Igrexa en Cea.
2. Prazo de execución: catro meses.
3. Prezo do contrato: 41.019.486 ptas.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 820.390 ptas.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da claúsula XII.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XII do prego.
Vilagarcía de Arousa, 10 de febreiro de 1997.
Joaquín J. Gago López
Alcalde
1143

