Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: lote de obras de pavimentación camiño Coruxo-Cornazo; pavimentación camiño en Corvo-Cornazo; pavimentación camiño Ás Súas Hortas-Guillán; pavimentación pista Figueiras-Castrogudín; pavimentación Soutelo-A Laxe; pavimentación camiño ó Pozo do Trasno (1ª fase); pavimentación camiño Apelidos e pavimentación camiño da Muiñeira en Sobradelo.

2. Prazo de execución: catro meses.

3. Prezo do contrato: 33.877.905 ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 677.558 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da claúsula XII.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XII do prego.

Vilagarcía de Arousa, 10 de febreiro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

472