F. Javier Iglesias Blanco, xefe da Unidade de Recadación da Delegación da A.E.A.T. de Ourense, fago saber de acordo co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e do artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 148/1990, do 20 de decembro, modificado polo Real decreto 448/1995, do 24 de marzo), procédese á notificación no BOP e no taboleiro de edictos do concello do último domicilio dos debedores que se relacionan, da súa débeda e da providencia de constrinximento correspondente, por resultaren descoñecidos, ignórase o lugar de notificación ou o medio para o facer, ou ben porque, intentada a notificación, non se puido practicar.
Notifícaselle ó debedor, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro) que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:
«En uso das facultades que me confiren os artigos 100, 106 e 169 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do debedor en caso de non producirse o ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
Como non resultou posible a notificación persoal e, como consecuencia, a notificación se ten que realizar por medio de anuncios, advírteselle ó debedor de que compareza, por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue con
tra el. Transcorridos oito días desde a publicación do anuncio no correspondente boletín oficial sen comparece-lo interesado, será considereado como notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que finalice a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.
Recursos.
Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no memo prazo, sen que se poidan simultanear ámbolos recursos. Cando se trate de tributos propios das comunidades autónomas, a resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalle ós seus propios órganos económico-administrativos.
Motivos da impugnación: o procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria):
-Pagamento ou extinción da débeda.
-Prescrición.
-Adiamento.
-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión da débeda.
Suspensión do procedemento: o procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).
Solicitude de adiamento: conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase adiar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.
A presentación das solicitudes de adiamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se encontre o domicilio fiscal do debedor.
Lugar de pagamento: nas entidades colaboradoras (bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito).
Xuros de demora: as cantidades que se deben, excluído o recargo de constrinximento, producirán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
Custas: en caso de producirse custas no procedemento, a Administración fará repercuti-lo seu importe sobre o debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
Prazos para efectua-lo ingreso: (artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).
a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.
b) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.
Concello, debedor, NIF, concepto, clave liquidación, importe.
Barbadás.
González Borrajo, Manuel; 34602894S, Transmiexp: 1994/09600; C1100096360086889, 10.566.
Ourense.
Pérez Corredoira, Arturo Luis G; 10842326B; sanciones OO.PP.; C1100096320000304; 60.000.
Promociones Las Burgas; B32100299; Transmiexp: 1994/08808; C1100096360088572; 53.279.
San Cibrao das Viñas.
Nogueira Fernández, Manuel; 34521437R, Transmiexp: 1995/02638; C1100096360087065; 45.360.

