Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público aberto, para a contratación da consultoría/asistencia para a realización do proxecto información ocupación hoteleira de Galicia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expediente: 97.05.0026.

2. Obxecto do contrato.

Realización do proxecto información ocupación hoteleira de Galicia, consistente na:

-Recollida mensual de datos para a enquisa de ocupación hoteleira de Galicia, dos meses xaneiro-decembro 1997.

-Recollida trimestral de datos para enquisa de expectativas hoteleiras do ano 1997.

-Prazo de execución: doce meses.

-Orzamento: 7.400.000 pesetas.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Fianza provisoria: 148.000 pesetas.

5. Fianza definitiva: 296.000 pesetas.

6. Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf: 54 13 21, e FAX: 54 13 23.

7. Presentación de ofertas: presentaranse, segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, a proposición económica e as características técnicas segundo o disposto no prego de prescricións técnicas no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

1259