Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público aberto, para a contratación da consultoría/asistencia consistente nos traballos de campo de recollida de prezos e producións en explotacións de leite.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expediente: 97.05.0027.

2. Obxecto do contrato.

Traballos de campo para a recollida de prezos e producións en explotacións de leite consistente na:

-Recollida mensual da información correspondente ó ano 1997 de prezos percibidos e volumes de entrega de leite á industria.

-Recollida semestral de prezos pagados e percibidos pola venda de animais.

-Prazo de execución: doce meses.

-Orzamento: 28.375.000 pesetas.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Fianza provisoria: 567.500 pesetas.

5. Fianza definitiva: 1.135.000 pesetas.

6. Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría B.

7. Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf: 54 13 21, e FAX: 54 13 23.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, a proposición económica e as características técnicas segundo o disposto no prego de prescricións técnicas no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 13 h e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

1185