De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo
coñecido, que así mesmo se indica) a resolución do expediente 36-91996, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a resolución cabe interpor recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir desta notificación.
Se non fose recorrida nese prazo, a sanción será firme e executiva e poderase facer efectiva, en período voluntario, no prazo de 15 días hábiles na conta número 020222/3 da Caixa de Aforros de Pontevedra, código 3111, da oficina principal 001, de Pontevedra; noutro caso procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Expediente: 36-9-1996.
Inculpado: Manuel Bastos Reboreda.
Enderezo: Avda. Castroviejo, 1, 36940 Cangas.
Sanción e motivos: 50.000 ptas. Irregularidades en materia de defensa do consumidor.
Data da Resolución: 24 de outubro de 1996.
Pontevedra, 10 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo
1184

